PDF Print E-mail


OBXECTIVO

O obxetivo deste proxecto consiste no desenvolvemento dunha arquitectura SDR baseada en GNU Radio coa que se desenvolverán unha serie de plataformas experimentais cuxos obxectivos serán plantexados con máis detalle no apartado correspondente. As plataformas experimentais servirán para avaliar: capa física dun estándar de banda estreita como ZigBee/DMR ..., capa física dun estándar de banda ancha como WiMAX/LTE e técnicas de posicionamento/localización baseadas en sistemas ad-hoc.


INTERESE

O uso dunha arquitectura hardware baseada en GNU Radio permite o acceso a técnicas SDR por parte de equipos de investigación e persoas alleas a esta tecnoloxía, facendo uso dun hardware e un software axeitado tanto a nivel económico como de complexidade. Habitualmente, nos artigos técnicos a sección de resultados baséase en canles de comunicación simulados. Os algoritmos deseñados próbanse, en moitas ocasións de forma teórica, sen valorar a seu axeitamento a situacións reais. Esta arquitectura permitirá a proba dos algoritmos en situacións reais sen necesidade de programalos de novo grazas á interfaz que se definirá e que permitirá o acceso remoto a través de diferentes linguaxes e ferramentas (ex. Matlab).


PLAN DE TRABALLO

O proxecto organízase en paquetes de traballo da seguinte forma

PT0: XESTIÓN DO PROXECTO E ASEGURAMENTO DA CALIDADE

Obxectivos: Xestión, Coordinación, seguimento e control de Calidade do Proxecto.

PT1: ARQUITECTURA XERAL PARA AS PLATAFORMAS EXPERIMENTAIS

Obxectivos: Desenvolvemento dunha arquitectura que proporcionará o acceso a baixo nivel ó hardware GNU Radio.

PT2: PLATAFORMA EXPERIMENTAL DE BANDA ESTREITA

Obxectivos: Estudo, análise e desenvolvemento dunha plataforma/prototipo experimental sobre un estándar radio de comunicacións inarámicas de banda estreita.

PT3: PLATAFORMA EXPERIMENTAL DE BANDA ANCHA

Obxectivos: Estudo, análise e desenvolvemento dunha plataforma experimental dun estándar radio de comunicacións inarámicas de banda ancha.

PT4: PLATAFORMA EXPERIMENTAL DE LOCALIZACIÓN

Obxectivos: Desenvolvemento dunha plataforma experimental para sistemas de localización conxunta exterior-interior.

PT5: DIFUSIÓN DOS RESULTADOS DO PROXECTO

Obxectivos: Difusión de resultados técnicos, comerciais e académicos do proxecto.


Paquetes de traballo

FINANCIACIÓN


Axudas do Programa Sectorial de Investigación Aplicada SUMA I+D do Plan Galego de Investigación (10TIC003CT). Cofinanciado por:

 

Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria Xunta de Galicia Fondo Europeo de Desarrollo Regional